UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 19 de noviembre de 2015

OS MASAI DE INFANTIL

No espazo de infantil seguen aparecendo cousas de África por todos os lados. Hoxe chegaron dous guerreiros Masai cos seus escudos para facer de guardiáns nas portas de entrada.





 
Como vedes, estamos intentando que, coa axuda de imaxes, de obxectos, de música, de relatos..., os máis pequenos vaian adentrándose neste continente tan interesante e que está tan preto de nos. África está chea de cousas fascinantes. Estes dous Masai esán aquí, dispostos a abrirlle o paso a todos os que queiran visitarnos e mergullarse nun auténtico ambiente africano.
Por outra banda, seguimos recibindo cousiñas para o nooso recuncho de aula: Sara trouxo un peluche, un Simba (que é como se di león en swahili). Leire mostrounos chea de felicidade unhas fotos nas que está ela cunha xirafa e uns gorilas. E Nora trouxo un interesante libro sobre África no que estivemos vendo máscaras, esculturas de madeira, fotografías das Cataratas Victoria e das mezquitas de Mali (tan parecidas á de Djenné que temos debuxada na aula), das diferentes tribus etc.etc.




Pola tarde fixemos a presentación doutros dous instrumentos musicais africanos... pero iso xa volo contarei mañán.
E a ver se eu tamén levo unha sorpresa cando cheguen os pementeir@s ccoa resposta ao reto que lles puxen hoxe. Espero que teña que felicitar a moitos investigadores.

2 comentarios:

  1. Alucinantes , impresionantes, insuperables esas portas. Traballo de artista. E os nenos entusiasmados coas cousas "alucinantes" que hai en África. Disfrutadeo todos: profes, nen@s e papis e mamis. E unha etapa moi bonita

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Pili, as profes sempre intentamos que os nenos se sintan atraídos polos temas que traballamos ero ti xa sabes que, para min, África é especial. Espero conseguir que aprendan moito e que se animen a coñecela un pouquiño (e non se queden só nos estereotipos que todo o mundo ten). Grazas por visitarnos!

      Eliminar