UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 3 de noviembre de 2015

MÁIS XEFES MOSSI NA PEMENTEIRA.

Seguimos coas nosas rutinas de aula e, polo tanto, cada día temos un novo, ou nova, xefe, ou xefa, Mossi. Aquí vos deixo as fotos dos últimos...









E a xefa Mossi de hoxe tivo a oportunidade de estrear o novo panel africano cheo de figuras danzantes, músicos e ata feiticeiros tribais.












E agora, móstrovos as últimas cousas que chegaron para o recuncho...
Noa trouxo un conto que a min me encanta "A pequena carapuchiña africana" e unhas fotos das momias que hai nos Museos Vaticanos.

Samuel trouxo un debuxo de Kirikou.

E Sara trouxo unhas imaxes, e información, sobre os Masai e unha revista na que podemos ler moitas cousas sobre Exipto.



2 comentarios:

  1. Guauuu menudo panel africano!!! Así vai dar gusto facer as rutinas diarias!! Encántame chic@s!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas profe Ana! Sempre miras con bos ollos as cousas que imos poñendo na aula. Espero que os pementeiros tamén disfruten do novo panel. Penso que lles fixo gracia "verse" caracterizados de músicos e bailaríns africanos. A ver si conseguimos que teñan moitas ganas de aprender cousas diferentes sobre o mundo que os rodea!Grazas por visitarnos e deixar o teu comentario.

      Eliminar