UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 18 de noviembre de 2015

"EL DOCTOR LIVINGSTONE, SUPONGO"

Estou encantada vendo como, cada mañán, algúns pementeir@s chegan emocionados coas súas respostas aos retos que eu lles plantexo. É xenial que teñan ganas de investigar cuestións que, realmente, están lonxe do seu mundo de nenos/as de 5 anos. Confío en que este xogo de investigación siga adiante e potencie a súa curiosidade, o gusto por buscar respostas, o pracer por superar pequenos retos, a satisfacción polo traballo ben feito... E estou segurísima de que moitas das cousas que agora investigan as van recordar durante moito tempo.
O reto plantexado onte tiña que ver coas Cataratas Victoria. Como non recordaban o nome do explorador británico que as "descubriu" (para o mundo europeo, claro, porque como é obvio os africanos que moraban as terras que estaban na contorna das cataratas xa as "descubriran" con anterioridade), pois tiñan que investigar quen era ese home e averiguar algo máis das súas aventuras en África.
Os triunfadores do día foron: Inés, Leire, Mariña, Nora, Anxo e Noa.






 ¡PARABÉNS CHIC@S POR SER UNS ESTUPENDOS INVESTIGADORES!

 
E quero felicitar especialmente a Inés, porque leva xa 4 retos superados e, ademáis, porque fixo unha investigación moi completa sobre Livingstone. Contounos que a primeira vez que foi a África reresou á súa casa en Escocia, pero despois volveu unha segunda vez e xa non regresou ao seu fogar nunca máis. Entón, otro home foino buscar a África e cando o atopou díxolle a famosa frase: "O doutor Livingstone, supoño". Tamén nos explicou que loitou contra a escravitude (aínda que esta cuestión era un pouco confusa para ela, o cal non é de extrañar xa que non é un concepto fácil de entender a estas idades). Quedei encantada, e moi orgullosa, do traballo de Inés.
Mañán haberá novo reto na Pementeira. ¡Animádevos todos a participar! Está resultando moi divertido.


No hay comentarios:

Publicar un comentario