É un libro tan cheo de sorpresas, de maxia, de xogo, de descubrementos... que é imposible non pasar un bo rato viaxando polas súas páxinas.
E se hai algo realmente fermoso nunha aula de infantil é ver as caras dos nenos e nenas cando se sorprenden con algo, cando están interesados nunha cousa, cando queren continuar descubrindo novidades...
Por iso quero compartir convosco este vídeo no que os pementeiros/as están mergullados nas cores de Hervé Tullet.
¡Cando un libro é bo de verdade, non se botan de menos as novas tecnoloxías! Disfrutade dos libros cos vosos fillos. Como vedes, uns simples puntos de cores poden ser realmente máxicos.
Pois si que ten maxia ese libro, non hai mais que ver as suas caras....
ResponderEliminarA min déixame abraiada a creatividade deste home. Penso que os seus libros son fascinantes e, como dis, cando vexo algunhas caras xa teño a proba máis evidente de que sabe transmitirlles cousas aos máis pequenos! Grazas por visitarnos e deixar un comentario. Sempre é un pracer comprobar que vos dades unha volta polo blog da Pementeira!
EliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminar