Por fin decidimos xa os nomes dos equipos de aula. Evidentemente, o tema arredor do que xiran estes nomes de mesa é África,claro.
En relación cos nomes dos equipos, os pementeiros/as teñen un reto para mañán pero non o vou revelar aquí. Teñen que facer unha investigación para averiguar unha cousa moi curiosa que aparece nesas fotografías. A ver quen se acorda de plantexar ese reto na casa e traer a resposta ao cole.
Aproveito para felicitar á pementeira Inés porque hoxe trouxo a resposta a unha pregunta que levo repetindo na aula un montón de días. Cando coloquei o novo panel para pasar lista, expliquei que xuntara tres "paisaxes" de África que se atopan en lugares diferentes: o Monte Kilimanjaro, a Mezquita de Djenné e a Avenida dos Baobas. Por suposto dixen en qué país está cada cousa: o Kilimanjaro en Tanzania, a avenida dos baobas en Madagascar e a Mezquita de Djenné en... ¡Aí estaba a cuestión!
Ninguén recordaba nunca onde estaba e, por iso, eu insistía en que tiñan que investigar para averiguar en qué país está esa fermosa mezquita que é Patrimonio da Humanidade. ¡Por fin, hoxe, Inés trouxo a resposta! ¡Está en Mali!
¡Parabéns, Inés! ¡Estou orgullosa de ti por acordarte de buscar a resposta ao meu reto! E parabéns, tamén, para os seus papis que lle axudaron a buscar esa información. Disfruto moito cando os meus alumnos/as se animan a investigar e contan na casa o que facemos no cole, para aprender máis cousas cada día.
Así que, espero que mañán moitos pementeiros/as máis traian a solución a ese novo reto que plantexei hoxe.
As últimas xefas Mossi da "Pementeira" foron Mariña. Alma e Inés.
E para rematar, quero presentarvos ao noso LEÓN. Agora cando chegamos ao cole, na porta da nosa aula temos un porteiro moi especial: un auténtico león da sabana africana. Esperamos que, pouco a pouco, teñamos moitas cousas de África polo corredor do noso particular mundo infantil do cole Rosalía. Estamos xa traballando!!!
Nos lo pasamos genial investigando el reto, esperamos que Ines se acuerde de traer más retos.
ResponderEliminarNos encanta el león, aunque nos da un poco de miedo.
Muchas gracias.
Gracias a vosotros! Me alegró un montón que Inés llegase tan contenta con la respuesta. Costó mucho que alguien se animase a entrar en este juego (bien porque los "pementeiros" no transmitían en casa las preguntas bien porque en las familias no había tiempo para buscar la información) pero ¡por fin! aquí estamos. Para mi fue fantástico que Inés quisiese jugar, eso indica que tiene ganas de aprender y es lo que yo pretendo, despertarles su curiosidad. Y vosotros sois una parte importantísima de este proceso. GRACIAS. Además hoy ya llegaron 7 respuestas la nuevo reto. Como veis la imitación y la competitividad también forman parte del juego, jajaja. Mil gracias también por visitar el blog y dejar vuestro comentario!!!
EliminarHOLA PEMENTEIROS!!! QUE BONITO É O LEÓN DA VOSA ENTRADA E O MURAL DA VOSA ASAMBLEA, PARA PASAR LISTA.
ResponderEliminarALÉGROME DE QUE XA ESTEDES TAN INMERSOS NO PROXECTO DE ÁFRICA.
UNHA APERTA MOI GRANDE.
Grazas profe María!!!! Estamos empezando aínda, pero xa apetece mergullarse no ambiente africano. Xa verás, cando volvas, poñémonos con toda a enerxía que temos en infantil e africanizámonos nun pis-pas! Grazas por visitar o noso blog e deixar un comentario. Unha aperta!!!
Eliminar