O xoves 29 de outubro, foi un día cheo de emocións no cole Rosalía e, especialmente, en educación infantil.
Como xa ven sendo habitual, a xornada comezou coa chegada de multitude de bruxas, vampiros, morcegos, momias, monstros e zombies. Todos os "habitantes" do Rosalía tiñan un aspecto terrorífico, incluídas as profes e a comida. As familias dos nenos e nenas de 3 anos fixeron unha divertida aportación á festa con todo tipo de manxares, algúns realmente daban medo!!!!
Espero que disfrutedes vendo as fotos deste Samaín en Infantil do Rosalía...


O pementeiro Roi gañou o premio do concurso de debuxos monstruosos e estaba moi feliz e orgulloso.
E, pola tarde, disfrutamos celebrando o magosto. Comemos un montón de castañas asadas, que estaban deliciosas. Os pementeiros levaban os seus "cestiños castañeiros" preparados para a ocasión. A pena foi que non poidemos ceelebralo fóra porque o tempo estaba bastante desapacible.
E, para rematar, déixovos unha presentación en movie-maker elaborada coas fotos do samáin e uns vídeos dos pementeiros disfrutando do día. ¡Espero que vos guste!