De novo un mércores cheo de actividade na Pementeira. Onte falamos dun pintor italiano, do Renacemento (do que xa víramos algunha pintura ben famosa) e hoxe rematamos unha nova obra de arte dun pintor impresionista realizado cunha técnica divertida. Tamén aproveitamos os últimos minutos da xornada para practicar dúas novas posturas de yoga.
Rafael Sanzio foi un pintor moi importante e moi coñecido por obras grandiosas como "A escola de Atenas". Pero, curiosamente, case todo o mundo coñece un fragmento dunha pintura súa que foi, é e será reproducido constantemente en camisetas, paraugas, pósters, marcapáxinas , tazas, etc. A obra en cuestión é a "Madonna Sixtina"... Se vos fixades nesta representación da Virxe María, seguro que recoñecedes algo. ¡Claro que sí! Os dous anxos que hai na parte inferior.
Pois ben, nós temos a nsa particular reproducción destes anxos tan pensativos e relaxados e fixemos unhas divertidas fotos coas que esperamos completar a decoración do noso corredor. ¡Mirade que simpáticos están os anxos pementeiros!
Rímonos moito facendo as fotos, e agora esperamos que tamén as vexades na casa co mesmo sentido do humor co que "xogamos" coa arte no cole.
E hoxe rematamos unha pintura moi vistosa que levamos varios días realizando. Trátase dunha reproducción dun cadro de Seurat empregando a técnica do PUNTILLISMO. Como na Pementeira estamos todos namorados da Torre Eiffel, pois eliximos esta fermosa pintura para practicar o puntillismo.
E para finalizar a mañán fixemos unha sesión cortiña de yoga e practicamos a posición da ponte e a do león. Os pementeiros/as teñen moitas ganas de facer yoga pero temos que traballar máis o control da voz, aprender a escoitar e a non berrar todo o tempo, porque senón non nos concentramos e nos sabemos como colocarnos axeitadamente. Imaxinaredes que lles encantou a postura do león e, sobre todo, soltar o ruxido. O problema foi que, ao final, tamén a profe tivo que ruxir un pouco porque a cousa ía"in crescendo". Eso sí, pode ser que teñamos boas voces para cantar ópera no grupo. Estaremos atentos a estas habilidades. En fin, confiemos no poder do yoga para tranquilizar o corpo e o espíritu a ver se podemos experimentar o que é a calma.
Que chula quedou a Torre Eiffel!!! Encantalles facer yoga, podo chegar a imaxinar o que lles encantou soltar o ruxido do león 😅
ResponderEliminar¡¡¡¡¡Preciosa a Torre Eiffel!!!!!
ResponderEliminarXa sei o motivo de,¡¡¡¡mamà son un león!!!! jajajjaja
¡¡¡¡Que ben o pasades!!!!
Na casa temos que intentar facer yoga e así ¡¡¡relaxarnos!!!!
Q risa coas fotos!!! E q traballo excepcional a torre Eiffel. A seguir relaxandose con eses intres de ioga.!!
ResponderEliminar