Con motivo da celebración das Letras Galegas, dentro das distintas actividades organizadas no centro para homenaxear a Carlos Casares, hoxe disfrutamos dun contacontos no Auditorio de Padrón organizado pola Fundación Camilo José Cela.
Como xa sabedes, unha das cousas máis divertidas é ir todos xuntos no autobús e a verdadçe é que o pasamos ben. Os pementeiros/as íanme contando onde estaban as súas casas e como se chamaban os seus veciños e os seus primos e por onde se ía ás casas dos seus avós... E á volta viñemos cantando a canción de Periquín e a da Fada Teresa que nos gusta moito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario