Hoxe é o día das nosas letras. O día en que celebramos o feito de ter unha lingua propia e homenaxeamos aos escritores que a empregan e a todos os persoeiros que a defenden. Nesta ocasión recordamos a Carlos Casares como xa todos vós sabedes.
Os outros participantes foron Sara García, Valeria, Aleixo e Gabriel.
¡Grazas rapaces e rapazas por participar e grazas ás familias que colaboraron coa actividade!
Agora toca esperar porque o xurado do concurso ten que escoller os gañadores. A ver se hai sorte e algún pementeiro/a recibe algún agasallo pola súa participación e esforzo.
No cole tamén quixemos poñer unha decoración acorde co importante día que celebramos hoxe e, aínda que a iniciativa, como debe ser, foi do Equipo de Normalización, todo o equipo de infantil (profes e nenos/as) quixeron participar de xeito moi activo. Ademáis apareceu no corredor unha galiña azul moi simpática coa que sacamos moitas fotos. ¡Mirade que divertido!
¡Ata a profe Teté e Manolo quixeron ser galiñas azuis por un momento! ¡E houbo máis profes que se animaron!
Q bonito photocall! Guapas todas as galiñas azuis!
ResponderEliminarA verdade e que quedaron xenial
ResponderEliminarQue chulo está decorado o pasillo e que divertidas estas fotos das e dos pequenos!! os nenos están emocionados con Carlos Casares, na casa agora so contamos o libro da Galiña Azul jejeje.
ResponderEliminarPois alégrame que os nenos e nenas se vaian aficionando a ler, e escoitar, relatos en galego e vaian coñecendo escritores que defenden un uso normalizado da nosa lingua. Coa decoración pretendemos chamar a súa atención, as imaxes sempre axudan a fixar a atención e a recordar información, por iso sempre intentamos "enganchalos" con algo chamativo, con cores... e anímanos pensar que de vez en cando o conseguimos! Grazas por valorar estas cousiñas!
ResponderEliminar