Xa facía tempo que non tíñamos festa de cumple na Pementeira, e hoxe celebramos que o noso compañeiro Daniel xa ten 4 anos. Chegou cargadiño de cousas para compartir con todo o grupo: biscoito, galletas e chuches. O primeiro como é habitual, foi apagar as candeas e cantar a canción de "Cumpleanos feliz".
Despois de rematar co biscoito (algúns quixeron repetir e non me extraña porque eu probeino e estaba delicioso!) aínda comeron as galletas e, finalmente, Daniel repartiu as chuches a todos os amiguetes do cole.
Parabens Dani pasastelo todos xenial
ResponderEliminarFelicidades Dani
EliminarParabéns Dani!!!!🎂🎉🎊🎉
ResponderEliminar