UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 9 de enero de 2015

PESANDO E PENSANDO

Hoxe na Pementeira foi un día de investigación. Aproveitando que os Reis Magos de Oriente nos trouxeron unha balanza estupenda que podemos empregar tanto con sólidos como con líquidos, decidimos que íamos empregar o día en pesar boliñas de plastilina.

O reto consistía en facer boliñas de plastilina que pesaran 10 gramos.



Primeiro estivemos vendo como podíamos averiguar canto pesaba unha bola de plastilina empregando as pesas e a nosa balanza nova. Tíñamos que reflexionar sobre si a bola pesaba máis ou menos que a pesa de 10 gramos e, como consecuencia, tíñamos que averiguar o que había que facer se a balanza se inclinaba cara un lado ou cara outro... ¿habería que quitar plastilina da bola ou habería que poñerlle máis?







Despois de pensar todas esas cousas colectivamente, cada neno/a tiña un reto individual:

*Conseguir facer unha bola de plastilina de 10 gramos.

























 


Ao final, moitos nenos e nenas conseguiron facer bolas de 10 gramos. 

Todas estas pesan exactamente o mismo.
Seguiremos facendo investigacións coa nosa balanza porque penso que esto dá para moito. Teremos que averiguar canto pesan dúas ou tres bolas xuntas, ou se unha bola do mesmo tamaño que ás de plastilina pero doutro material (coma o plástico, por exemplo) pesa igual ou non... En fin, temos moitas averiguacións que facer.
¡Grazas Melchor, Gaspar e Baltasar! Penso que imos disfrutar moito con este estupendo agasallo.






































No hay comentarios:

Publicar un comentario