Cando entraron todos os pementeiros/as na aula, a verdade é que non levaron moita sorpresa. Algúns mesmo pensaron que os Reis se equivocaran e eses paquetes non eran para deixar aquí, pero cando lles dixen que se non eran para nos, non podíamos abrilos e tíñamos que buscar aos seus donos, decidiron que seguro que os Magos, ou quizá Papá Noel, querían deixarnos algo para ter na aula (aínda que tamén é certo que, máis de un preguntou se os podían levar para a casa). Eu penso que esa era a realidade. Os Reis Magos sempre procuran deixar algunha cousiña interesante nos sitios onde os nenos pasan moito tempo, xa que a eles lles gusta que estén xuntos e aprendan e disfruten.
Así que, unha vez resolto o misterio tocaba abrir os agasallos. ¡Mirade que sorpresas máis requetechulis!
Despois de merendar, como tíñamos gardadas algunhas cousiñas da festa de antes de vacacións, os nenos e nenas que quixeron poideron tomar un cachiño de turrón, unhas trufas ou uns mazapáns.
Con todo isto, penso que o primeiro día despois das vacacións de Nadal non estivo nada mal, verdade?
No hay comentarios:
Publicar un comentario