Hoxe empezamos moi ben a semana. Tivemos dúas sorpresas: a primeira foi que Candela entrou de primeiriña co seu papá porque traían un Sistema Solar magnético super-chulo que pesaba bastante. E a segunda sorpresa foi cando xa tocou o timbre e vimos que chegaba Inés ao cole depsois de faltar unha semana enteira porque tivo varicela.
A verdade é que o resto do día transcurriu realmente ben, do cal me alegro moito porque é importante aprender e traballar no cole pero disfrutando e pasándoo ben.
Así que... ¡parabéns para todos os pementeir@s que hoxe se portaron ben e disfrutaron no cole!
No hay comentarios:
Publicar un comentario