UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 28 de enero de 2015

UNHA CARTA QUE VIAXARÁ A..... ¡¡¡HOLANDA!!!

Os nenos e nenas de "A pementeira" vanse convertir en auténticos expertos escritores de cartas. Ademáis de escribirlle aos chic@s do profe Alberto, do CEIP Plurilingüe Tirán, agora imos mandar unha carta nada menos que a HOLANDA. Resulta que no cole organizaron unha actividade moi bonita para o Día da Paz (30 de xaneiro). Consiste en enviar mensaxes de paz a outros coles que se chamen Rosalía de Castro como o noso. Pero como non hai moitos  con ese nome, pois xurdeu a posibilidade de enviar algunha das misivas a escolas doutros países. Na nosa aula pensamos que sería moi bonito enviala a Holanda porque estivemos pintando unha fermosa obra de Vincent Van Gogh que é holandés e tamén coñecemos outra obra de Vermeer que tamén é holandés. E como son dous pintores que nos gustaron moito pois decidimos contarllo a algúns nen@s dese país. 
Encantaríanos que nos mandaran eles unha mensaxe en resposta á nosa carta. ¡A ver se temos sorte!

     "A   NOITE  ESTRELADA"
             Vincent van Gogh

                                           "O ASTRÓNOMO"
                                                                   Johannes  Vermeer

Esta é a carta que viaxará a un cole de Holanda:


E aquí están as tres cartas de infantil: a dos peques de 3 anos, a nosa e a dos maiores de 5 anos. Están expostas no corredor do cole (en realidade son copias, claro, porque as orixinais están xa de camiño a outros coles)





la paz

2 comentarios:

  1. Que guay e que emocionante. Nada menos que unha carta a Holanda. Coñecendo mundo xa desde pequeniños. Que bonito.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O mellor que eu lles podo transmitir, penso, é ter ganas de coñecer o mundo, de aprender sobre arte e diferentes culturas, ter ganas de viaxar... e despois tócavos a vós, os pais, levalos polo mundo adiante, jajajaja, así que a aforrar...

      Eliminar