UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

domingo, 25 de enero de 2015

CARTA PARA OS NENOS DO PROFE ALBERTO

Levamos varios días escribindo unha carta para os nenos e nenas de catro anos do CEIP Plurilingüe Tirán (Moaña). O seu profe, que se chama Alberto, e máis eu pensamos que sería moi interesante establecer unha comunicación entre os nosos grupos de alumnos/as mediante cartas, e quizá algún que outro correo electrónico, para que se vaian acostumando a redactar, a contarlles cousas aos seus amigos por escrito e para revivir esa emoción de enviar as misivas e esperar durante uns días as respostas.
Antes de escribila decidimos entre todos o que lle queríamos contar e eu anoteino nun papel para non esquecernos. Despois todos participaron na escritura da carta e algúns mesmo se animaron a decorala un pouquiño.Aquí vos deixo a nosa primeira carta para os nenos e nenas do profe Alberto.








E agora temos que esperar a ver que nos contan os nosos novos amigos e amigas.
¡Que ganas temos xa de recibir a súa carta!






2 comentarios:

  1. Alucinante como escriben xa estes pementeir@s. Prometen e moito. E unha actividade moi bonita e ademais emocionante (esperar todolos dias a ver se hai carta) que seguro que disfrutan.
    Bicos a todos e seguide así

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Pili, ti xa sabes que esta actividade é moi gratiicante para eles. É emocionante cando atopamos a carta no noso buzón e coñecemos novos amigos a través destas misivas tan personais. Grazas por visitarnos, como sempre e deixar o teu comentario. Unha aperta!!!!

      Eliminar