Esta semana está resultando bastante productiva na Pementeira. Estamos conseguindo respectar unhas normas de comportamento así que podemos traballar un pouquiño e tamén facer outras cousas como escribir unha carta para os nenos/as de outro cole, pintar con acuarelas, escoitar música, xogar nos recunchos, mirar os libros do espacio...
A nosa poesía "Viaje Espacial" xa empezou a visitar os domicilios dos nenos/as e, tamén, unha fantástica mochila espacial está percorrendo os fogares pementeiros.
O tema do noso proxecto é moi interesante e atractivo para todos os nenos e as nenas e, de vez en cando, aínda recibimos algunhas cousas para o noso recuncho. Onte Leo trouxo un conto elaborado por el mesmo coa axuda da súa nai que nos gustou moito.
E hoxe Sara trouxo dous libros interesantísimos que veñen a completar aínda máis a nosa "biblioteca espacial". Os pementeiros estaban "alucinados" mirando os novos libros. ¡Mirade que cariñas!
Pero o mellor do día, penso eu, foi que na nosa aula aterrizou un robot disposto a facer unha misión de exploración, que levaba xa tempo programada pero que por un problema coas baterías (básicamente o problema era que non tiña pilas) non podía levarse a cabo.
Por suposto, cando preguntei que nome lle íamos poñer ao robot que nos trouxeron os Reis Magos, a resposta foi rápida e unánime. ¡PHILAE! Non podía ser doutra maneira.
E agora déixovos un vídeo de Philae explorando "A Pementeira"
Para rematar esta entrada de hoxe, tamén quero compartir coas familias outro vídeo do traballo cotián na aula disfrutando, ao mesmo tempo, da música. Xa sabedes que a min me gusta que a música nos acompañe día a día axudándonos a relaxarnos, espertando sensacións agradables, facéndonos sentir distintas emocións, proporcionándonos experiencias diversas... E pouco a pouco, penso eu, estes pequenos/as disfrutan máis coa música clásica porque xa a perciben como algo habitual e van aprendendo a sentila e a percibir o seu ritmo e a súa armonía.
Bueno, bueno,... menudo robot máis tecnolóxico que tedes na Pementeira!! eu quero que veña de visita á Sementeira!!
ResponderEliminarE o vídeo dos vosos traballos ao son da música clásica demostra o ben que traballades e o concentrad@s que estades!!! moi ben chic@s!!
Pois teremos que organizar unha expedición de Philae pola Sementeira!!!! A ver se esta semana levades unha sorpresa! Grazas profe Ana por visitarnos e deixar teu comentario!
Eliminar