Onte celebramos o cumple de Yago Bandín na Pementeira. En realidade cumpliu 4 anos durante as vacacións de Nadal, e como quería celebralo cos seus compis do cole pois trouxo unhas galletas e unhas chuches para todos.
Como é habitual, primeiro Yago tivo que apagar as candeas e logo os amiguetes cantáronlle o "Cumpleanos feliz". Despois xa era o momento de degustar as deliciosas galletas. Coma sempre, non sobrou nin unha, nin unhas migallas quedaron perdidas. Aquí cómese todo.
Pero Yago tamén trouxo chuches para os compañeir@s e bombóns para as profes e como onte non tivemos tempo para todo, hoxe reservamos un pouco de tempo para repartir as chuches e levarlle os bombóns ás profes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario