Non paramos de propoñer retos e, o máis importante, de resolvelos. Estou moi orgullosa dos pementeiros/as vendo que cada vez que plantexo eu unha pregunta, que falo de algo novo, emprego unha nova palabra, ou me fan eles unha pregunta que eu non lles respondo, xa saben o que teñen que facer: chegar á casa e buscar a información para despois compartila con toda a clase. ¡Encántame que os peques teñan curiosidade!, que non se acomoden a que eu lles responda a todo, que se habitúen a empregar a súa memoria e a súa iniciativa para buscar a maneira de aprender algo novo, que teñan afán de superación. ¡Parabéns a todos/as!
A semana pasada coa chegada dunha nova borrasca chamada Helena, falamos un pouco do vocabulario que coñecíamos relacionado co mal tempo e os desastres naturais e xurdiron palabras como: tormenta, huracán, tornado, tsunami, avalancha, remolino, inundación... Entón preguntei si sabían o que era un TIFÓN e ninguén o sabía. Así que non quedaba máis remedio que investigalo. E así xurdiu outro reto: ¿Qué é un tifón? e ¿quen era Tifón? porque, como digo sempre e repito constantemente, a mitoloxía está presente nas nosas vidas, na arte, na literatura e na linguaxe cotián, e Tifón era un personaxe da mitoloxía grega. Pablo. Alex V.S. e Óscar trouxeron as respostas.
Zeus e Tifón
Tifón era un monstro alado con cabezas de dragón en lugar de dedos e serpes brotando dos muslos. Enfrentouse a Zeus cando este derrotou aos Titáns, cortoulle os tendóns pero finalmente Zeus vendeu a Tifón e confinouno a permanecer baixo o monte Etna en Sicilia (do cal aínda hoxe brotan lava incandescente). Tifón tamén provoca huracáns e tornados co movemento das ás. Algúns dos fillos de Tifón xa os coñecemos pois son: o Cancerbeiro, a Hidra de Lerna, o león de Nemea, a Quimera, a Esfinxe ou a Aguia de Prometeo.
Monte Etna
Seguimos recibindo cousiñas para o recuncho. Óscar e Hugo trouxeron o libro de Teseo e o Minotauro da colección que sae co País. espero que moitos pementeiros/as se animen a facer esta bonita colección de relatos mitolóxicos. Marcos trouxo unhas fotografías dun castro e aproveitamos para recordar algunhas cousiñas sobre os celtas.
E o venres propuxemos outro novo reto: investigar sobre os deuses egipcios que teñen cabeza de chacal, cornos de vaca, cabeza de halcón ou cabeza de gato. E que resulta que estamos vendo que nos relatos mitolóxicos sempre aparecen personaxes que teñen partes humanas mesturadas con partes de animais e dá igual que sexan da mitoloxía, grega, africana, hindú, americana... Así que aproveitamos para aprender algo máis da exipcia que é moi interesante. Enzo, Alex V.S. e Enzo trouxeron a resposta.
E aproveito xa esta entrada para poñer as fotos da sesión de ioga do venres.
Como vedes na Pementeira facemos esforzos mentais e esforzos físicos. ¡Traballo completo! Mens sana in corpore sano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario