Xa nos estamos achegando ao entroido así que teremos que empezar a pensar nos disfraces que luciremos o día 1 de marzo no cole. Como xa sabedes o tema é a MITOLOXÍA. Moitos nenos e nenas xa me contron de que van vir disfrazados, co cal entendo que os veteranos de infantil xa falaron nas casas sobre isto e a maioría xa decidiron o seu personaxe mitolóxico favorito.
Por si alquén necesitase ideas, cousa que dubido porque insisto en que creo que xa tendes todo moi claro, recordade que no mundo mitolóxico hai centos de personaxes tanto en culturas cercanas a nós como a celta ou a grega como noutras tradicións máis lonxanas como a hindú, a maya ou a africana. Recordando cousiñas que traballamos na clase penso que tedes moitas opcións: ninfas, druídas, calqueira deus ou deusa gregos, a serpe emplumada dos mayas, criaturas como Medusa, o Minotauro, o Unicornio, Pegaso, o Cancerbeiro, as sereas, un dragón, Thor, Ulises, Atlas, Hércules, Anansi, un Tótem...
Déixovos aquí algúns exemplos de disfraces por si alguén aínda está decidindo qué pode facer... ¡Estou desexando ver aos pementeiros/as! Seguro que me sorprenderán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario