Hoxe foi o primeiro día das Mandas do Meco e tocou vir coa cabeza tapada. Como estaba un día tan bonito, aproveitamos para facer as fotos fóra para aproveitar as raiolas do sol de febreiro.
E onte tivemos unha visita xenial. Andrés e Ana viñeron mostrarnos un auténtico traxe típico do Entroido galego chamado Mázcara, concretamente da Xironda no concello de Cualedro en Ourense. Primeiro apareceu polo patio na hora do recreo e houbo algún que outro susto. Algúns pementeiros/as escaparon correndo buscando refuxio na casiña. Pero despois xa superado ese susto inicial, Andrés mostrounos con máis calma o seu traxe, a máscara, o sonido que fai cando se move... O traxe é realmente espectacular, cun traballo delicado e tremendamente detallista e elaborado, a máscara levaba unha pel de raposa pola parte de atrás e hai que ter moito control cando se leva posta porque o ángulo de visión é moi limitado e produce certa claustrofobia; e tamén hai que controlar moi ben os cencerros para facer sonidos rítmicos e constantes. A verdade é que nos gustou moito esta visita que Andrés e Ana nos fixeron a infantil. Permitíronlle aos nenos/as tocar a pel e probar a máscara e os peques disfrutaron moito. É xenial que se vaian recuperando estas tradicións galegas porque hai tempo para todo, para viaxar lonxe e descubrir tradicións completamente diferentes ás nosas e para permanecer aquí disfrutando do que é máis noso.
Como nos gustan na casa estas mandas do Meco,...estamos disfrutando moito! Que boa a visita, xa nos contou na casa que viñera a irma de María e que lle ensinara o disfraz! É unha chulada, todo un arte!!! Graciñas
ResponderEliminarQue sorte teñen de coñecer outra forma de disfrutar dos carnavais, moita tradicion e moi nosa. Gracias.
ResponderEliminar