Nesta semana seguimos propoñendo retos diferentes. Agora os pementeiros/as xa están tan acostumados a que hai que investigar para aprender e para responder ás preguntas que nos xurden cada día, que cando atopamos calqueira cuestión descoñecida (unh palabra nova, un personaxe mitolóxico...) xa todos/as saben que se inicia un proceso de investigación.
Esta semana tocou investigar sobre "O león de Mali". Alex V.S. averigou que así se lle chamaba a Sundiata Keita, o creador do Imperio de Mali, un personaxe real pero cuxa historia foi un tanto mitificada de maneira que se transmite de xeración en xeración na voz dos griots do pobo mandinga. A lenda conta que Sundiata Keita se reencarnou nun hipopótamo.
Para certos estudiosos das lendass africanas a historia narrada na película de Disney "O rei león" é a de Sundiata Keita e, certamente, garda certos paralelismos: nace nunha familia de reis, morre o pai e a súa familia é despreciada, el ten que exiliarse e un usurpador do trono asume o poder, anos despois regresa cun exército e crea un imperio. Cada un que saque as súas propias conclusións.
Outra investigación feita esta semana foi sobre Artemisa, deusa da caza, dos bosques, e dos animais salvaxes da mitoloxía grega. Filla de Zeus e irmá xemelga de Apolo, naceu na illa de Delos. Adan, Marcos, Alex V.S., Anrís y Valeria foron os intrépidos/as investigadores/as que trouxeron información sobre Artemisa.
E agora, móstrovos unha imaxe do noso primeiro exercicio de acrosport. Gustounos complementar a sesión de yoga dos venres con este exercicio, pero non foi nada fácil realizalo.
Como vedes, nestes exercicios é moi importante o traballo en equipo. Os nenos/as que forman a base teñen que aguantar nunha posición moi estable, sen moverse para que os que se senten nos seus xeonllos tamén estén moi estables.Ningún deles/as pode abrir as pernas porque a "pirámide" de derrumbaría instantaneamente. Por último, a peza máis alta ten que manter o equilibrio para non caer. Para que esta pirámide poda acabar de construirse é fundaental ter disciplina, saber o lugar que ocupa cada un, ter paciencia e ter control do corpo... Así que estamos practicando moitas cousas a nivel de control corporal, equilibrio e forza pero tamén sobre control mental e traballo en equipo.
E, para rematar esta entrada, aquí queda unha recomendación de dous fermosos libros tanto pola historia narrada como polas ilustracións que lle dan máis vida aínda ao relato: "Salvaje" e "Tanga y el gran leopardo".
Seguiremos traballando co acrosport, porque creo que lles vai gustar. o que pasa é que temos que seguir practicando habilidades como a cooperación, a paciencia, a disciplina, o traballo en equipo...Cando para facer un exercicio se precisan varias persoas, todas teñen que perseguir o mesmo obxectivo e iso non sempre é fácil. Por iso temos que seguir practicando, para promover o traballo en equipo e disfrutar co éxito conxunto. Pero non hai queixa, para ser o primeiro día, o resultado foi moi positivo.
ResponderEliminar