UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 23 de febrero de 2019

MEDUSA, O BAOBAB E NOVA VISITA DE 4ºB

     Esta semana foi moi intensa porque xa nos tocou de novo facer o telexornal Rosalía así que estivemos inersos no proceso de gravación. Foi moito máis fäcil que na anterior ocasión porque todos tiñan ganas de participar. Insistinlle por suposto aos que non particparan no primeiro telexornal, despois algúns quixeron repetir e outros non estaban tan concentrados, tamén coincidiu que nesta semana varios nenos/as faltaron a clase e, polo tanto, non poideron gravar. o vídeo final está xa elaborado, ten un par de detalles que habería que mellorar pero prometo que traballarei co editor de vídeo empregado para collerlle o truco e perfeccionar o resultado. Salvando eses detalles, eu penso que o segundo telexornal pementeiro quedou requetebén e quero felicitar a todos os participantes polo esforzo feito. Sei que van disfrutar véndoo.   O luns espero que todas as familias estén ben atentas á páxina web do cole.
    Pasando a outra cousa, tamén tivemos oportunidade de xogar cos personaxes mitolóxicos, concretamente con Medusa. Mirade como se meten no papel e petrifican coa súa mirada a quen se coloca diante.

   Seguimos investigando para solucionar os retos que plantexa a profe. Estas dúas semanas falamos bastante de Kwaku Anansi, o home araña africano, lemos contos africanos e como consecuencia falamos dos baobabs. Así que un reto foi precisamente averiguar como explican as lendas africanas ese aspecto tan peculiar que teñen os baobabs, que parece que están do revés como se tivesen a copa enterrada no chan e as raíces cara o ceo. Rafiña, Alex V.S., Pablo, Marcos e Sara García Barcia trouxeron a resposta a ese enigma.





     Realmente hai varias lendas ou quizá variacións sobre a mesma. Así que as respostas foron correctas. Déixovos aquí un par de vídeos de youtube que contan dúas destas lendas. Hai unha terceira lenda que conta que os deuses ían plantando as sementes ds distintas árbores en lugares determinados ata que lle chegou o turno ao baobab. Os deuses puxeron a semente no deserto e o baobab queixouse porue facía moito calor, puxeron entón a semente á beira dunha lagoa e o baobab queixouse poa humidade, puxeron a semente nunha alta montaña e o baobab queixouse polo frío e o vento... e así ocurría con cada lugar onde colocaban a semente. O baobab non paraba de queixarse. Así que os deuses fartos de escoitalo e vendo que ningún sitio lle valía, colleron as sementes e lanzáronas ben lonxe para non aguantar máis queixas, con tan mala pata que caeron do revés e por iso o baobab medrou coas raíces cara arriba.



   E xa para rematar esta entrada, quero comentar que viñeron visitarnos os compañeiros de 4ºB. Recordaredes que xa viñeran a semana pasada para representar algúns mitos que eles traballaran na aula. Os pementeiros/as disfrutaron moito coa representación. Agora déronos a oportunidade de explicarlles nós a eles todo o que sabemos de mitoloxía. Algúns pementeiros/as contaron as historias relacionadas cos nomes dos equipos de aula (Perseo, Merlín e Obatalá), e despois mostrándolles a decoración de infantil tamén lles explicaron mitos como o do Cabalo de Troya, a Caixa de Pandora, Atenea, Kwaku Anansí e o Tótem. Quero felicitar aos pementeiros/as polo ben que explicaron as cousas a pesar de que estaban un pouquiño nerviosos ante ese público de nenos/as maiores. A verdade é que eu estou moi orgullosa de como o fixeron. Sei que saben aínda máis do que mostraron pero o tempo era limitado e había que resumir. E quero agradecerlle á profe Xela que se animara a plantexar unha actividade conxunta con infantil na que se nos dou a oportunidade de aportar algo, de mostrar o que traballamos poñéndonos ao mesmo nivel que os compañeiros/as de primaria. Os nenos e nenas de 4º B comportáronse xenial, escoitaron con moita atención o que lles contaban os peques e fixeron preguntas. ¡Grazas Xela e nenos/as de 4º B por escoitar aos pementeiros/as con tanto interés! 












No hay comentarios:

Publicar un comentario