UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 9 de abril de 2015

VOLVEMOS AO COLE

Rematou a Pascua e tratamos de volver á rutina. O primeiro día de cole resultou un pouco raro porque na Pementeira só había tres nenos, en realidade dous nenos e unha nena. A verdade é que resultaba curioso estar na aula tan soliños así que decidimos ter un día un pouco especial e xuntámonos todos os nenos e nenas de infantil na aula de psico. Falamos das festas, lemos historias, fixemos puzles e xogamos...




Gabriel, do Paseo do Espolón, enseñounos unha galiña que teñen na súa aula que apareceu chea de oviños pequeniños de Pascua e outros máis grandes moi ben decorados.

A profe María dixo que, pola tarde, poderíamos repartilos entre todos como un premio que nos deixou a galiña e o coello de Pascua por ter ganas de volver ao cole e disfrutar moito cos compañeiros.

Despois, como facía un día estupendo, fixemos un picnic no patio e disfrutamos todos xuntos da merenda e o bo tempo.










E atopamos un insecto moi curioso...


Pola tarde, a profe María foi buscar a cestiña dos ovos para repartilos pero...
¡OHHHHHHH! os oviños pequenos de Pascua ¡¡¡desapareceran!!!!







Quedamos desolados. ¡Non estaban os ovos de chocolate! Algúns nenos dixeron que podía ser que caeran pola aula de 3 anos, así organizamos unha búsqueda polo Paseo do Espolón.







Como non atopamos nada, empezamos a pensar que máis cousas poderían ter ocurrido. Alguén dixo que quizá volvera o coelliño de Pascua a collelos e levalos á súa casa, el entón alguén pensou que unha posibilidade podería que ser que o coelliño quixera facer o mismo que o día que rematou o trimestre, e que volvera  escondelos no patio, así que saímos todos correndo a ver se había sorte.
¡SORPRESA! ¡OS OVIÑOS DE CHOCOLATE ESTABAN ESCONDIDOS FÓRA!
















E, por último,  por fin probamos os ovos cocidos que había na galiña do Paseo do Espolón.



























1 comentario:

  1. Este coelliño non deixa de sorprendernos!! que ovos máis ricos nos regalou!!

    ResponderEliminar