Hoxe celebramos o Día do Libro. É un día moi importante porque cos libros disfrutamos de historias fantásticas, emocionantes, divertidas, terroríficas ou, mesmo, musicais. Na Pementeira sempre temos os libros moi presentes, son uns amigos inmellorables, e sempre están dispostos a mostrarnos os seus segredos con palabras fermosas e máxicas e con ilustracións que despertan, aínda máis, a nosa imaxinación.
A orixe do Día do Libro remóntase a 1926 cando Afonso XIII aprobou a idea de instaurar esta celebración que o escritor Vicente Clavel Andrés lle propuxera á Cámara Oficial do Libro de Barcelona en 1923.
Un 23 de abril en 1616 morreron os insignes escritores Miguel de Cervantes e William Shakespeare. Tamén un 23 de abril naceron ou morreron outros importantes escritores como Vladimir Nabokov, Josep Pla o Garcilaso de la Vega. Así que é un día bastante sinalado en relación co mundo da literatura.
A continuación fixemos unha actividade impresa moi sinxeliña para recordar a estas dúas figuras tan importantes, Cervantes e Shakespeare, que nos deixaron historias escritas que despois de varios séculos aínda nos fan disfrutar.
Despois do recreo fomos todos os nenos e nenas de infantil xuntos á Biblioteca para ver un vídeo sobre a lectura, no que alumnos e alumnas do centro explican por qué lles gusta ler ou cal é o seu conto favorito. Tamén escoitamos o conto "Mariluz avestruz" que foi narrado por Martín Bello, un neno de 6º de Primaria.


No hay comentarios:
Publicar un comentario