UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 7 de abril de 2015

¡O COELLIÑO DE PASCUA DEIXOU SORPRESIÑAS EN INFANTIL!

O último día de cole antes das vacacións de Pascua foi moi animado, entretido e emocionante por moitos motivos.
unha das cousas que máis emocionou aos cativos de 3, 4 e 5 anos foi a visita do coello de Pascua. A verdade é que na Sementeira había unha cestiña moi bonita, con forma de coello, chea de chuches que trouxo a mamá de Pablo Miguéns pero non sabíamos que o coelliño de Pascua, o de verdade, tiña preparado algo máis.
O caso foi que mentres as profes lles estábamos contando un conto aos nenos e nenas, algo misterioso sucedeu no patio.





Primeiro fomos buscar ao patio de columnas pero non atopamos nada.



Despois buscamos no areeiro, nos columpios a ata no patio dos maiores... pero non conseguíamos atopar nada.





Finalmente decidimos que había que mirar no patio pequeno que hai na entrada de infantil porque era o único sitio onde non buscáramos aínda. Así que era a nosa última esperanza de atopar algo.



E... ¡SORPRESA!, entón empezaron a aparecer oviños de chocolate entre as herbas, aos pés das árbores, baixo os balancíns, nas ventás... e por todos os lados. ¡Foi xenial!



































 Despois de tanta búsqueda foi chegando o momento de marchar e levar para as casas todos os traballos do trimestre coas notas. ¡Por fin as familias dos campeóns de infantil ían poder ver os caderniños de traballo e as super-bolsas de primavera!




























 






No hay comentarios:

Publicar un comentario