Chegou o venres e, para rematar a semana realizamos a nosa segunda sesión de yoga.
Primeiro recordamos as tres posicións que practicamos na sesión anterior...
E, a continuación, pasamos a practicar tres novas posicións, bastante complicadas, que nos fixeron esforzarnos de verdade.
4.- A Postura do Avión
Penso que temos que practicar máis e reforzar o equilibrio destes pementeiros, porque estes avións están a punto de colisionar co chan. Hai que seguir traballando. O próximo día sairá moito mellor.
5.- A posición da ponte.
¡Moito mellor esta posición! Non hai dúbida de que os pementeiros fan moi ben de pontes aínda que, ó principio, a algúns/as parece que lles pesaba un pouco o culete. Pero despois, todos o fixeron moi, moi ben.
6.- A posición do arado.
Tamén costou traballo pero algúns nenos/as si que o conseguiron e demostraron ser moi flexibles. Como dí o libro "Mi papá es de plastilina" temos que confiar en nos mesmos e aínda que non consigamos facer ben unha posición no primeiro intento, con práctica, persistencia e paciencia iremos medrando cada vez máis.
Así que a próxima semana seguiremos practicando e traballando co noso corpo e a nosa mente.
Fantástico o yoga. E fanno todos moi ben. E levo uns anos animanado aos papás e mamás a que o fagan na casa cos nenos e sigo insistindo. É moi divertido, botades unhas risas con eles e ademais senta moi ben porque así tamén nos desconectamos. Bicos pementeiros e pementeiras.
ResponderEliminarA verdade é que lles gusta moito. Costa un pouquiño o de gardar silencio pero iremos mellorando a técnica. O caso é que nos axuda a concentrarnos, a esforzarnos, a controlar o noso corpo e a nosa mente e, en definitiva, despois da sesión, sempre nos sentimos meloor. Grazas Pili por visitarnos e deixar o teu comentario.
Eliminar