Seguimos traballando na Pementeira. Hoxe fixémolo ao ritmo do Carnaval dos animais de Saint.Saëns que cada día nos gusta máis.
Tamén tivemos sorpresas:
Mencía tróuxonos un debuxo espacial;Anxo e Mariña trouxeron sendas novas do xornal e Mariña, ademáis, un fósil que nos gustou moitísimo e Sara unhas fotos da súa visita ao planetario coa que disfrutou un montón, sobre todo vendo como nacía un pitiño que quedou "espatarrado" como ela mesma nos explicou.
Estes pementeir@s están moi atentos ás novas dos xornais que nos axudan a aprender moitas cousas novas sobre o universo. Por exemplo aprendemos o nome dunha das lúas de Saturno, que se chama Enceladus, e tamén aprendemos o que é un fósil e tivemos a sorte de ver o que nos trouxo Mariña. Coa nova que trouxo Anxo enterámonos de que o telescopio espacial Hubble cumpriu nada menos que 25 anos. Grazas a este fantástico instrumento podemos ver moitas imaxes do espazo e aprender moitas cousas que ocurren na nosa galaxia. ¡Qué interesante é ler o xornal!
Coas fotos de Sara tamén aprendemos novo vocabulario e agora xa sabemos o que é un péndulo e o que significa o movemento pendular. ¡E resulta que ese movemento experimentámolo case todos os días cando imos ao patio! ¿Sabedes onde?
Eu creo que o podo adiviñar (o do movemento pendular). Despois de soar o timbre Pablo e Rita pasan por alí antes de ir para a casa. A ver quen chega mais alto. Pero non vou descubrir o nome por si hai alguén ainda pensando... Ja,ja.
ResponderEliminarSi, si... eu penso que todos os nenos e nenas do Rosalía experimentan con certa frecuencia o movemento pendular.
EliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
EliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
Eliminar