Estes días, na Pementeira, estivemos traballando sobre o concepto de SIMETRÍA. Para demostrar dunha maneira moi visual que é iso do EIXE DE SIMETRÍA o máis sinxelo é dobrar unha folla de papel pola metade e pintar o que un queira nunha das metades do papel (ben á dereita, ben á esquerda da liña central pola que dobramos o papel). A continuación, antes de que a pintura esté seca, bobramos de novo a folla e presionamos ben e, por último, só hai que abrir de novo o folio e comprobar o que sucedeu. Con toda a atención dos pementeiros e pementeiras, a profe foi a encargada de facer a demostración e iste foi o resultado.
Como parece que a ningún pementeiro se lle ocurría a qué se podía parecer esta imaxe resultante, pois completeina desta maneira...
Para seguir experimentando coa SIMETRÍA, fixemos outra actividade:
- completar a cara dun neno a partir do eixe de simetría.
Para que o resultado fora realmente simétrico, empregamos un vello truco que todos coñecedes...
E agora mirade o resultado...
(Perdoade que algunhas fotos estén mal colocadas pero teño un ordenador que toma as súas propias decisións, e faga o que faga non me deixa darlle a volta. Síntoo)
No hay comentarios:
Publicar un comentario