UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 16 de mayo de 2015

MÁIS YOGA EN INFANTIL

Na Pementeira, como xa sabedes, disfrutamos moito practicando ioga. Para os pementeiros/as é un premio cando os venres podemos ir á aula de psico e aprender novas posturas de esta disciplina que nos axuda a concentrarnos no noso corpo, nas nosas sensacións, no control postural e no equilibrio, e a traballar con certos músculos que, moitas veces, non exercitamos demasiado.
O venres 15 de maio tivemos a gran sorte de que Ania, unha mestra  de ioga profesional, veu compartir connosco a súa experiencia. No ximnasio do cole, todos os nenos e nenas de educación infantil practicaron posturas que xa coñecían e outras novas e aprenderon, tamén, como se chaman en sánscrito.
Para que vexades como se esforzaron todos e o ben que o pasaron, mirade as fotos con atención...






























































































































No hay comentarios:

Publicar un comentario