Unha das actividades organizada polo Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua, consiste en realizar lecturas na Biblioteca do centro, na hora do recreo, durante a semana das Letra Galegas para todos aqueles que decidan participar e/ou asistir.
Da aula "A Pementeira", Leo realizou a lectura dun poema en representación de todos os pementeiros/as que o acompañaron no momento crucial e lle adicaron un aplauso. O poema fala de bicos e de música. ¿Queredes escoitar a Leo? Pois aquí vos deixo o vídeo e as fotos que deixan constancia da participación da Pementeira na actividade.
Que ben len xa na Pementeira. Noraboa.
ResponderEliminarEstamos no bo camiño! Penso que prontiño haberá moitos nenos e nenas lendo requetebén! Grazas Pili!
Eliminar