Na Pementeira seguimos celebrando cumples sen parar.O venres tocoulle ó turno a Samuel que entra no clube dos nenos/as de 5 anos.
Nesta ocasión celebrámolo na aula de psico, que por sorte estaba libre, xa que as mesas da nosa aula estaban ocupadas coas bolsas do pasaporte lector e o espazo da asemblea estaba coas caixas de libros que os pementeir@s poden escoller para levar o fin de semana ás casas. Así pois para aproveitar o tempo mellor levamos o noso mantel multiusos para a aula de psico e alí estivemos moi cómodos. Penso que noutras ocasións empregaremos este espazo para este tipo de celebracións (sempre e cando non esté ocupado).
No hay comentarios:
Publicar un comentario