Empezamos unha nova semana con celebración de aniversario, nesta ocasión tocoulle o turno a Sara Castaño que chegou moi elegante e moi contenta co seu biscoito para compartir cos compañeiros e compañeiras.
Primeiro hai que soprar as candeas e despois xa nos lanzamos ao biscoito que, como é habitual, estaba delicioso e os nenos e nenas rematárono nun pispás.
Como vedes na Pementeira sempre celebramos os cumples con moita alegría e moitas ganas de festa.
A verdade é que hoxe foi un día bastante especial porque ademais do cumple houbo outras sorpresas que xa vos contarei (ao mellor algún pementeiro/a xa vos dixo algo, non sei).
Felicidades Sara si algo contou Adán estaba moi contento
ResponderEliminarFelicidades Sara!!!🎂🎂🎂🎂A Enzo encantoulle o biscoito, dixonos que tiña azucar por encima e fariña😅
ResponderEliminarFelicidades Sara!! que boa pinta ese biscoito;)
ResponderEliminar