Aquí estamos de volta. Hoxe empezamos un novo curso escolar con moitísima ilusión e ganas de investigar, aprender e disfrutar xuntos.
Estou encantada con estes pementeiros/as porque chegaron ao cole moi contentos, con moitas ganas de falar, de cantar, de escoitar contos... parece que estivemos na aula todos xuntos fai unha semana e a realidade é que pasaron dous meses!!!
Temos unha nova compañeira que se chama Carmen e estamos todos convencidos de que o vai pasar moi ben neste cole, e nós poremos todo da nosa parte para que se adapte rapidamente e veña sempre moi contenta (porque aquí todos somos amigos e formamos o mellor equipo que podedes imaxinar).
Aquí vos deixo unhas poucas fotos para que vexades como non cambiou nada de nada desde o mes de xuño: eles elixiron que conto e qué cancións querían escoitar e as súas caras e movementos penso que demostran que estaban coma peixes na auga.
Como vedes, despois de escoitar o conto, cantar con todo o entusiasmo posible a canción dos números, escoitar a "Marcha Radeztky", tocando as palmas, a "5º Sinfonía" de Beethoven e "Little less conversation" de Elvis Presley (que lles gusta tanto que lle inventaron un título xa o ano pasado, para eles é "A canción loca" un título ben apropiado pois así se poñen eles escoitándoa), había que baixar un pouco ese ritmo desenfrenado así que rematamos relaxándonos co "Nocturno" de Chopin.
En fin, o inico de curso foi estupendo. Agora haberá que descubrir cal será o núcleo dentral da nosa investigación anual...
¡Misterio, misterioso! A ver se atopamos algunhas pistas mañán polo cole...
¡¡¡¡Bó comezo de curso!!! desexando saber o proxecto deste curso,¿que serà?,¡¡¡Aleixo veu super contento!!
ResponderEliminarEste grupo non ten problemas para desenvolverse no cole, falan sen parar, móvense, teñen ganas de experimentar, de xogar... Agora toca aprender a canalizar enerxías, focalizar ben os intereses e aprender moitas cousas novas! O proxecto xa está en marcha! estade atentos ao blog e a ver se os peques vos contan algo máis! Grazas por estar xa aí, pendentes das noticias de cada día e mantendo este blog activo!
ResponderEliminarDa gusto velos
ResponderEliminarQue cara de felicidade, a verdade é que están emocionados! que ben o van a pasar!
ResponderEliminar