Que rápido nos poñemos no cole a traballar. Nada máis chegar de volta de vacacións empezamos a plantexarnos cal podería ser o tema do noso novo proxecto de traballo. Despois de viaxar por todo o mundo coñecendo fantásticas obras de arte, agora toca decidir a que imos adicar moito tempo e esforzos neste curso escolar, ¿cal será o tema central do novo curso?
Pois ben, onte estivemos falando na asemblea sobre posibles temas de estudo e investigación e saíron cousas ben curiosas: os piratas, os vikingos, o arco iris, os tigres, os cocodrilos, o topo, animais salvaxes, os dinosaurios, os castelos, os elefantes, a Terra, a Arte, as xirafas e a sandía. A verdade é que aquí hai material de sobra para traballar e temos moitas ideas que podemos aproveitar. Pero o caso foi que, de repente, un neno atopou na aula unhas cousas...
Sí, como vedes, Enzo atopou unhas cunchas ao lado dunha caixa de libros e preguntoume qué facían alí aquelas cunchas. Eu contesteille a verdade, que eu non o sabía pero que podía ser que, ao mellor, foran pistas para suxerirnos o tema sobre o que poderíamos investigar. Estivemos mirando se atopábamos máis pistas pero non apareceu nada máis. Así que quedamos intrigados, ¿quen deixou alí aquelas cunchas? e ¿que significa que apareceran unhas cunhas na aula?
E hoxe levamos unha sorpresa máis grande aínda. escoitamos un ruído fóra, no patio de infantil e decidimos ir investigar a ver quen andaba por alí (non fora ser que alguén estivera deixando máis pistas e nós non nos déramos conta). Así que alá fomos...
Os pementeiros/as corrían tanto que nin miraban por onde pasaban, así que aínda que había unha boa pista "agochada" nunha árbore do patio, tardaron un pouquiño en atopala. Finalmente algúns nenos viron que había un cofre misterioso...
¿Qué habería dentro do cofre? Despois de avisar a todos os compañeiros/as de que xa aparecera unha pista importante no patio, decidimos entrar de novo na aula para abrilo tranquilamente e averiguar que tipo de información habería dentro. Estaban todos /as un pouco nerviosos/as. Así que eliximos a un neno que estaba bastante tranquilo para que abrira o cofre misterioso...
Todos/as querían observar que había dentro do cofre. E despois de comprobar que había unha botella, estivemos de acordo en que había que sacar o mapa que tiña dentro, porque todos/as estaban segurísimos de que o papel que había dentro era un mapa dun tesouro...
Lemos a mensaxe e descubrimos o tema sobre o que imos investigar este curso...
por aguas saladas sin miedo a naufragar.
Allí habitan peces y algún calamar,
medusas, langostas y mucho coral.
Ciudades sumergidas para visitar,
pecios con tesoros, ¡hay que bucear!
Islas misteriosas ¡te van a impresionar!
e incluso montañas puedes encontrar.
Con el Capitán Nemo podrás conversar,
o quizá Neptuno te invite a cenar.
Voces de sirenas de dulce
cantar
como las que Ulises no quiso escuchar.
Con todas estas pistas podrás averiguar
Que nuestra aventura ocurre en el…
MAR
Polo tanto, familias, xa sabedes que o tema do noso proxecto será O MAR pero como vedes na mensaxe que nos deixaron na botellaque había dentro do cofre, o mar está cheo de curiosidades, de misterios, de mitos, de lendas, de animais, de artefactos, de tesouros, de cidades mergulladas e barcos afundidos, de illas misteriosas e ata de montañas ... Investigar sobre o mar implica descubrir un mundo sorprendente e moito máis complexo do que ás veces nós pensamos. Aprenderemos cousas sobre os peixes, claro, pero tamén sobre Poseidón/Neptuno, sobre Ulises e as sereas, sobre os piratas, os vikingos ou os gregos, sobre a Atlántida ou o Capitán Nemo, sobre Cousteau ou Colón... en fin, as opcións son múltiples e variadas.
Por último só queda apuntar cal será título ...
PROXECTO NAUTILUS
En honor deste animal mariño así chamado e tamén do submarino no que vivía o misterioso Capitán Nemo protagonista da obra 20.000 leguas de viaxe submariño de Julio Verne.
Espero que a nosa viaxe polos mares e océanos do mundo sexa moi interesante. ¡Zarpamos!
Estamos emocionadisimos con este novo tema. A verdade é que algo xa nos cheirabamos porque marcos onte xa nos contou que enzo atopara unhas cunchas que servian de pista. E H
ResponderEliminarhoxe contounos nada mais chegar a casa algo dun capitan misterio que se chamaba Nemo. Jajaja. O da mensaxe acordoulle mentras ceaba. E preguntabame o nome dun animal do mar. Claro, o que menos se me ocurriria a min e que o animal iba ser nautilus. Xa podia pasar a noite pensando... Ja ja.
Pois alá imos. Nos tamen nos apuntamos e queremos embarcar nesta emocionante viaxe que seguro nos vai ensinar moitas cousas.
Moitos bicos pementeiros
Xenial por Marcos! Vexo que se acordaba de moitas cousas das que falamos! Esperemos manter a atención e o entusiasmo con tantos animais e personaxes mitolóxicos e literarios,e a ver que imos descubrindo polas profundidades mariñas!
EliminarEsperemos que si! As profes intentaremos que sexa divertido pero eu penso que entre as sereas, os cabaliños de mar, os piratas, as illas misteriosas e mil cousas máis a diversión vai estar asegurada!!!!!
ResponderEliminarEncantanós!!! Enzo onte contoume que atopara cunchas na clase, que non sabía o que farían alí...e hoxe que atoparan un tesouro pirata, e que non lembraba o nome do que gobernaba no mar😅😅. Canto votaba de menos o blog,😊😊
ResponderEliminarQue entusiasmados cando buscaban no patio polo cofre , da gusto verlles a cara , ten moi boa pinta o proxecto , agora toca discurrir , saudos
ResponderEliminar¡¡¡¡Xenial!!!! asì me falaba dun cofre do tesouro,jajajaja,
ResponderEliminar¡¡¡Comezamos o novo proxecto con moitas ganas!!!!
Encántanos! estamos todos emocionados na casa, que divertido Teté esa busqueda,... pasárono en grande e na casa Noa non paraba de falar de Nemo e así foi como lle chamou ao peixe que mercamos, e mira ti porqué era,...jejejeje. Que emocionante!! Imos a disfrutar todos moitísimo con este proxecto, que ganas de ver xa a estes pementeiros ;)
ResponderEliminarXenial !!!
ResponderEliminarAlex está encantado con este novo proxecto.