Hoxe estreamos o novo panel na Pementeira. Co Proxecto Nautilus tocaba cambiar o panel e había que buscar un tema máis marítimo pois, despois de voar nos globos arredor do mundo coñecendo obras de arte e artistas, agora queremos aprender todo o que poidamos realcionado co mar. E xa que coñecemos a un simpático vikingo chamado Vickie, pois a cousa estaba clara, qué mellor que sair de expedición polos mares en DRAKKAR. E aquí está o novo panel que entusiasmou aos pementeiros/as (que dixeron: "é unha pasada"). Como notaredes, os barcos quedaron un pouco xustos; hai tantos vikingos que algúns teñen que ir encaramados aos paos maiores e ás velas (creo que este fin de semana vaime tocar visitar os asteleiros e mercar outro drakkar para que os nenos/as vaian algo máis cómodos).
A partir de agora, os pementeiros/as que veñan ao cole sairán de expedición no drakkar e os que non veñan ao cole quedarán nas casiñas do pobo vikingo, e teremos que contar cantos van nos barcos e cantos quedaron en terra.
Seguimos a recibir cousas para o recuncho:
Carmen trouxo un precioso libro sobre grandes animais que viven no mar, "Xigantes mariños" e Sara Vidal trouxo dous contos, unha de Dora a exploradora e outro dos Bolechas (que xa lemos e nos gustaron moito). rafiña trouxo uns vídeos sobre a vida no mar que nos pareceron moi interesantes; agora teremos que velos para aprender moitas, moitas cousas. Marcos trouxo unha cana de pescar e Sara García un catalexo pirata e unhas cunchas. Noa tamén trouxo unhas cunchas de vieira e Enzo outro catalexo e un garfio de pirata.
Tamén quero agradecerlle a Mario e á súa familia que nos regalaran un reloxo para a aula xa que este ano parece que hai interese por saber qué hora é en cada momento. Así que iremos vendo a qué hora merendamos, a qué hora saímos ao patio, ou a qué hora imos comer.
É que o curso pasado estiveron día tras día insistindo en que eu non tiña globo, e que tiña que poñer a miña foto nun globo... E ao empezaar este curso, cando lles dixen que íamos cambiar o panel, o primeiro foi avisarme que me tiña que poñer eu tamén e a Carmen, claro (por se eu non me lembraba de que tiña unha alumna nova, jajajaja) e entón xa me puxen a traballar e na nosa aldea vikinga xa estamos Carmen e máis eu (no fondo encantoume que me avisaran de que tiña que poñer a miña foto!) pero os Drakkar quedáronme escasos de plazas así que eu decidín ir a nado!
ResponderEliminarMoi chulo o panel!!! Agora entendo porque o recollelo no comedor estaba todo preocupado porque lle faltaba o seu globo de arte, agora o podemos entender Tania 😅😅😅
ResponderEliminarAdan decirme está quedando moi chulo EU estoy arriba de todo dirigiendo como o abuelo
ResponderEliminarE que esa información do seu avó é moi interesante! A ver se el se anima a contarnos máis cousiñas: por onde navegaba, cantos mariñeiros ían no barco, qué facían (pesca, transporte de mercancías...). Encantoume ver o orgulloso que estaba cando me dicía que o barco da foto era o do seu avó, cunha ilusión e unha satisfacción tan grandes!Estivo xenial! Gústame moito cando aparecen cousas deste tipo, coas que os nenos/as se sinten máis identificados pola cercanía familiar, e mostran admiración pola familia...
EliminarQue ilusión lles fixo traer o globo para a casa, pero mais ilusión ainda estrear panel novo. Xa estou vendo que o verán que ven teremos que alquilar o autobús de Bustelo e iremos todos a Catoira en agosto. Incluida tamén ti Teté, ou deixaremosche ir a nado. Ja, ja, ja.
ResponderEliminarA ver se o concello nos paga o autobús, a comida e os atuendos vikingos a cambio de promocionarlle a festa! jajajaja. O de ir a nado xa o falaremos con calma. O importante agora e seguir investigando cousas a ver ata onde chegamos!
Eliminar