Seguimos coas nosas investigacións na Pementeira. Esta semana, o reto consistiu en averiguar os seguinte:
¿Que pintor suizo viaxou a Túnez e, alí, quedou impresionado pola súa luz e as cores? Ese coñecido pintor dixo: "a cor e máis eu somos un".
Esa frase demostra o importante que é a cor para un pintor.
Como vedes neste reto había dúas pistas importantes: unha era o lugar de nacemento do pintor, e outra a viaxe a Túnez onde "descubriu" a luz.
Pois ben, aquí están os gañadores do reto coas súas respostas.
¡Parabéns para Leire, Anxo, Roi, Leo, Nora e Inés por descubrir a Paul Klee!
Aquí tedes algunhas das obras tunecinas do artista.
¿Que vos parecen? Algún pementeiro e algunha pementeira tamén se animaron a reproducir a obra de Klee. Como vedes, para él, era máis importante a cor, a composición, a combinación de formas case xeométricas, que a liña e a representación realista da paisaxe. A ver se atopades nestes cadros unha nova especie de "dromedario-pirámide" que deambula por Túnez adiante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario