Seguramente xa sabedes que o vindeiro Día das Letras Galegas será adicado ao escritor Manuel María. No cole plantexouse a posibilidade de participar nun concurso que consiste na elaboración de 10 carteis nos que se explica a vida e a obra do insigne escritor.
Ao ciclo de infantil tocounos reflexar o momento no que Manuel María contrae matrimonio con Saleta Goi e xuntos abren a libraría Xistral en Monforte de Lemos.
Todo o alumnado de infantil participou realizando diferentes debuxos para, posteriormente, seleccionar os máis axeitados e facer a composición final do cartel.
Aquí podedes ver aos pementeiros/as traballando.
Despois de facer os debuxos, recortalos e escribir a información correspondente, hoxe pola mañán estivemos todos xuntos organizando o cartel. Mirade como fomos pegando todos os elementos e o resultado final.
E este é o resultado final!!!!
¿Que vos parece?
¡carai! Pero que ben pintan estos pementeiros!! Quedouvos un cartel chulisimo
ResponderEliminarIria
Están feit@s uns artistas!
ResponderEliminarA voda quedou moi divertida co señor párroco no medio dando a bendición ou explicándolles aos noivos as responsabilidades do matrimonio, jajajajaja.E o Colexio de Nosa Señora de Antigua (Colexio da Compañía) quedou suoerlogrado e moi realista. Penso que o cartel quedou moi vistoso. Foi un traballo auténticamente cooperativo pois todos os nenos e nenas de infantil puxeron o seu granciño de area! Grazas Iria e Almudena por visitar o blog e deixar un comentario.
ResponderEliminarImpresionante ese carte... E que guapos eses noivos....jajajajaja quedou precioso...
ResponderEliminarImpresionante ese carte... E que guapos eses noivos....jajajajaja quedou precioso...
ResponderEliminarGrazas Pili! Nós, as mesras de infantil, tamén pensamos que foi o cartel máis divertido e didáctico de todo o cole, jajajaja. Hai que recoñecer que os nenos e nenas de infantil fixeron un bo traballo de equipo e o resultado é, cando menos, moi aparente!. Grazas por visitarnos e deixar o teu comentario!
EliminarQué bonito quedou!!parabéns ós peques e a profe!
ResponderEliminar