UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 27 de enero de 2016

O RINOCERONTE DE DURERO

¡Novo reto superado! Onte chegaron varios pementeiros á aula coa resposta ao último reto.
¿Qué pintor alemán realizou un grabado dun rinoceronte sin telo visto nunca? 
Expliqueilles aos pementeir@s que un artista alemán fixo un debuxo dun rinoceronte só a partir dunha descripción escrita, sen ter visto ningún exemplar nin en vivo nin siquera nun libro. Este artista non viaxou nunca a África por suposto e só sabía da existencia dos rinocerontes porque había un en Lisboa que o rey Manuel I lle quiso regalar ao Papa León X. Pero desgraciadamente o barco que transportaba ao animal naufragou, e o pobre rinoceronte afogou.
Pois ben, a resposta é: ALBERTO DURERO.
E aquí van os orgullosos descubridores do enigma.















¡Parabéns a Roi, Sara, Inés, Mariña, Anxo, Leire, Iker e Samuel!
¡Seguide investigando sempre e aprendendo cousas novas!
E aos pementeir@s que aínda non se animaron a investigar, a ver se un día destes me dan unha sorpresa e traen a resposta a un reto. ¡Xa veredes como vos gusta descubrir estes enigmas!
Efectivamente este é o rinoceronte que pintou Durero,
 
e este e o insigne artista de Nüremberg, o señor Durero.
Pero o autorretrato de Durero que máis, máis me gusta a min é este:
¡Cantos pintores estamos a coñecer ultimamente!

No hay comentarios:

Publicar un comentario