UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 25 de enero de 2016

OS ELEFANTES

O venres tocou RETO. Nesta ocasión a pregunta era a seguinte:
¿En que outro continente, ademáis de África, hai elefantes? ¿En que se diferencian estes dous tipos de elefantes?
Pois, hoxe luns, chegaron varias respostas que aquí vos deixo ver:










 ¡Parabéns a Inés, Mariña, Leire, Roi, Anxo e Alma! Todos eles averiguaron que hai elefantes en África pero tamén en Asia. 
Os elefantes africanos son de maior tamaño.
Teñen as orellas máis grandes (e, como nos explicou Inés, fan unha función refrixerante xa que teñen multitude de capilares sanguíneos e, cando as moven, co aire, o sangue vaise enfriando e vai circulando polo resto do corpo axudando a baixar a temperatura corporal).
Teñen a trompa rematada en dous lóbulos (por iso poden agarrar as cousas case como si tiveran dedos) mentres que os asiáticos teñen a trompa rematada nun único lóbulo.
Os elefantes asiáticos teñen na frente dúas protuberancias mentres que os africanos só teñen unha.

Como vedes, aprendemos moitas cousas sobre os elefantes hoxe. E para completar o tema do día, na decoración do corredor tamén temos un señor elefante.






A decoración africana dos espazos de infantil está aumentando. Xa temos os guerreiros masai na entrada e as mulleres levando os seus cántaros de auga na parte de atrás das portas. Tamén están as pirámides de Exipto, a deusa Hathor nun entorno verde digno das fértiles beiras do río Nilo, e os tuaregs coas súas jaimas en pleno deserto e cun oasis para refrixerarse. E nas portas das aulas, contamos co león, a xirafa e un dromedario.
 
 



  


A cousa vai tendo boa pinta, ¿que vos parece? E seguimos a traballar para africanizar completamente o noso cole!!!!!

2 comentarios:

  1. Boa pinta dis ti. Eso son obras de arte e non algunha pintura que ves por ahí colgada en algún museo. Sodes unhas artistas!!!! Ole, Ole, ole. A decoración do proxecto mediaval foi unha pasada, pero esta non ten nada que envidiarlle. Outra que vai dar moita pena quitar. Alucinante o elefante, impresionantes as mulleres cos cántaros, espectacular o oasis cos tuaregs e as jaimas.
    Noraboa outra vez. E gracias por compartilo con nós.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Mil grazas Pili! Coma sempre, miras o que facemos as profes de infantil cos mellores ollos que se pode mirar. Sabes que lle poñemos boa intención!!! Pensamos sempre que coas imaxes podemos espertar o interese dos pequenos e deixarlle algunhas pegadas "culturais" nas súas cabeciñas.As mestras agradecemos moito a importancia que lle dades a estas cousas nas familias porque os nenos/as despois reflicten o que vós valorades, e teñen máis ganas de aprender cousas porque vos estades entusiasmados co que aprenden. Grazas mil!!!!

      Eliminar