UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 2 de mayo de 2019

SEGUIMOS PLANTANDO NA HORTA

    O martes tivemos oportunidade de volver á horta do cole para recoller leitugas (que os nenos e nenas de 3 anos levaron para o comedor) e plantar pementos, cebolas,leituga riza e leituga folla de carballo, lombarda, fresas e, tamén, o noso loureiro que vai estar moito mellor alí fóra, no seu hábitat natural con máis compañeiros vexetais, máis terra, aire fresco e agua da choiva.
   Explicáronos que hai plantas das que comemos a folla como a leituga, outras das que comemos as raíces como a cebola e outras das que comemos o froito como a sandía.
   Pasámolo xenial plantando, escoitando as explicacións, regando e vendo como os nenos e nenas de 4 anos, da Sementeira, gravaban noticias para o seu telexornal. Foi unha mañán interesante e divertida.



































































Imagen relacionada

1 comentario: