Rematamos outra semana e nesta entrada vou recoller varias cousiñas diferentes, variadas e interesantes. Xa sabedes que un dos últimos retos foi o de DED Moroz, o personaxe das lendas eslavas que lle trae agasallos aos nenos e nenas en Aninovo. Con él aproveitamos para ler e coñecer algunhas cousiñas sobre Rusia, por exemplo aprendemos o que é unha Troika...
Coñecemos instrumentos como a BALALAIKA...
E ata aprendemos unha canción rusa que nos encanta: ANTOSHKA
Dani tivo a sorte de visitar as Covas de Altamira, en realidade a réplica de ditas covas xa que,como Dani nos explicou moi ben, as auténticas agora están pechadas e só poden ser visitadas polos expertos, os investigadores...Dani trouxo un visor de diapositivas das pinturas de Altamira que foi todo un éxito na Pementeira. E aproveitamos para aprender o que son as estalagtitas e as estalagmitas.
Seguimos traballando a lectoescritura e facendo moitos progresos. Como sempre vos digo, todos os nenos e nenas queren saír á pizarra a escribir e se animan a ler de xeito autónomo. Algúns xa teñen moita soltura e tamén saben ler en minúsculas. Os avances son importantes.
Outro cousa súperdivertida foi ver o Telexornal dos nenos e nenas de 4 anos da Sementeira que o fixeron xenial. ¡Encantounos o seu traballo periodístico! ¡Parabéns chicos/as!
E, por último, aquí vos deixo as fotos das últimas sesións de ioga, a de hoxe xa con esterillas e todo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario