Onte martes, tivemos de novo unha celebración na Pementeira: o aniversario de Yeico. Aquí imos a toda velocidade, os nenos e nenas non paran de cumplir 6 anos e están encantados e felices por facerse maiores e por compartir festa e doces cos amiguetes do cole.
Yeico trouxo un biscoito superchulo, nada máis e nada menos que coa lenda de Maui cando intenta ralentizar a velocidade do sol para que os días sexan máis longos.
Despois de apagar as candeas, dun único soplido, tocou repartir os doces (porque había dous) e non pensedes que sobrou nada porque non quedaron máis que migallas. Con aplausos e risas, Yeico xa forma parte do grupo de nenos e nenas de 6 anos.
Felicidades !!un super pastel!!!
ResponderEliminar