Que semana tan axetreada! Tivemos que rematar moitas cousas para poder levar ás casas todos os traballos do último trimestre: acabar fichas, facer portadas, preparar as bolsas e mesmo colaborar cos outros nenos/as de infantil no coloreado das letras que adornarán o escenario do festival do cole!
Tamén tivemos tempo de practicar as sumas na PDI...
Fixemos un último picnic antes de despedirnos deste curso 2016-2017...
E así de artísticas quedaron as portadas dos traballos do terceiro trimestre e así de orgullosos estaban os pementeiros/as mostrándoas coa "Espera" de Klimt detrás (para non esquecer as fermosas obras de arte que fomos coñecendo este ano)
A verdade e que notouse que traballastedes moito xa que chegaban agotados a casa , pero o traballo ten a sua recompensa que traballos mais chulos fan estes pimenteiros , parabens rapaces e a ti tamen profe Tete , e gracias por todo
ResponderEliminarPero que rápido pasou o tempo....a verdade tivestedes tempo para todo,xogos,traballos jolin se traballastedes un montón así aprendestedes tantas cousiñas,formades un gran equipo,moi ben pementeiros e como non profe Teté un millón de grazas
ResponderEliminarQue por certo na casa os papis tamèn aprendemos un montón con vos, Grazas 👏👏👏👏👏👏😊😊😊😊
ResponderEliminarFantástico curso! Noraboa a todos e todas. E por suposto, gracias a ti, profe. O próximo curso, mais. Disfrutade do veran
ResponderEliminar