Onte recibimos unha nova recreación dunha obra de arte. Óscar trouxo a súa fotografía emulando o "Home melancólico" de Vincent van Gogh. Como vedes , coa súa roupa azul, o estilo da silla e a posición corporal, Óscar reproduce perfectamente ese sentemento de tristeza que pintou van Gogh.
Estou moi contenta porque os nenos e nenas das aulas de 4 e 5 anos, coa colaboración das súas familias, claro, tamén se animaron a participar neste xogo de imitar pinturas ou esculturas famosas e importantes dentro da Historia da Arte universal, e están facendo aportacións ben bonitas e realmente elaboradas.
Na aula de psico, as profes colocamos unha pequena exposición con todas as recreacións que recibimos. Como imos ter unha reunión grupal o próximo mares, podedes aproveitar para contemplar toda a decoración dos espazos comúns de infantil realizada dentro do noso proxecto de arte. Se alguén máis se anima a facer unha recreación artística (hai varios/as pementeiros/as que non participaron no nosos xogo) aínda estades a tempo...
Como vedes, pouco fai falta para recrear unha obra de arte: algunha prenda de roupa máis ou menos parecida á que mostre a pintura, algún accesorio concreto que teñamos pola casa e, sobre todo, tratar de emular unha postura ou un enfoque. Hai algunhas realmente bonitas e feitas con poucos recursos ou elementos. ¡Veña, animádevos a facer algo divertido que xa estamos rematando o curso e pechando este fantástico proxecto!
Tamén organizamos un recunchiño adicado á escultura con traballos e fotografías aportados plos nenos e nenas.
¡Esperamos a vosa visita a este peculiar, personal e especial museo de arte!
A verdade e que Óscar encantado de facer a foto ,seus irmans tamen claro jaja
ResponderEliminarQuedou xenial!!! Encantanme as recreacións, xa estou desexando poder velo en directo 👏👏👏👏
ResponderEliminar