Outro pementeiro máis que xa ten 4 anos! Pablo celebrou onte con todos os seus compañeiros/as o seu cuarto aniversario compartindo un biscoito e chuches con todos/as eles/as.
Primeiro, como sempre facemos, toca apagar as candeas, cantar a canción e, despois, xa chega o momento de degustar o doce do protagonista do día.
Todos comeron o biscoito de moi boa gana e dixéronlle a Pablo que estaba delicioso e, a continuación, chegou o momento de repartir as chuches que gardaron na mochila (supoño que con moitas ganas de chegar a casa e comelas).
Parabéns Pablo!!!🎂🎉🎊🎉🎊🎈🎈🎈
ResponderEliminarFelicidades pablo
ResponderEliminar