Un ano máis, coa Pascua, recibimos no cole unha visita moi especial: un coelliño silencioso e discreto que deixou oviños de chocolate escondidos por algúns recunchos do patio de infantil. A verdade é que na Pementeira non escoitamos ningún ruído nin vimos ningunhas orelliñas, de feito saímos fóra a facer un picnic e non notamos ningún movemento polo patio, pero o caso foi que o Coelliño de Pascua foi quen de entrar no cole e deixarnos unha sorpresa sen que nos déramos nin conta.
Despois de merendar empezamos a búsqueda dos ovos de chocolate e todos os nenos e nenas de infantil puxeron atención e interese na procura do tesouro de Pascua...
E despois de atopar as chocolatinas que deixou o celliño de Pascua no patio, aínda levamos outra sorpresa. Estábamos na aula preparando todo para marchar xa de vacacións e recibimos outra visita sorpresa. Noa e Abril, da aula "Paseo do espolón" (5 anos), viñeron cunha galiña que tamén tiña ovos de chocolate para repartilos cos compañeiros/as da Pementeira.
¡Foi todo moi divertido!
E xa chegou o momento de disfrutar das vacacións e levar para casa os traballos do trimestre e as calificacións. ¡Espero que todos/as os papás e as mamás valoredes os progresos dos nenos e nenas e os animedes a seguir esforzándose!
No hay comentarios:
Publicar un comentario