¡Cantas cousas sabemos de arte! e ¡cantos artistas coñecemos xa!. Non é nada novo o que vos conto porque vós, papás e mamás, xa o sabedes. Coprobástedes na presentación Prezi todas as obras e pintores e escultores que fomos coñecendo por todo o mundo. E ultimamente estivemos traballando nunha pintura de Wassily Kandinsky, un pintor ruso. De Rusia coñecemos a catedral de San Basilio, un edificio impresionante cheo de cores que parece sacado dun conto de fadas (e que temos no noso recuncho de arte) e agora, tamén, a Kandinsky.
Algunhas das obras de Kandinsky máis coñecidas son as seguintes:
Nós estivemos facendo unha reprodución desta última pintura titulada "Duro, blando".
Agora porei eu o meu granciño de area cuns pequenos retoques e xa colocaremos a nosa nova obra de arte no museo do corredor xunto coas flores de Georgia O´Keefe e o bodegón de Cezanne.
Seguimos coas aportacións para o noso recuncho de arte. Hoxe Icía trouxo uns folletos dunhas exposicións porque ela, e tamén Aleixo e Enzo, tiveron a sorte de ir a Madrid nas vacacións de Pascua e vistar o Museo do Pardo e o Reina Sofía. ¡Estou encantada con que estes pementeiros/as viaxen tanto e disfruten nos museos!
Icía contounos que no cadro de Picasso "As tres bailarinas" pois hai "unha bailarina que parece un porquiño pero é unha bailarina". Icía, Enzo e Aleixo viron o Guernica, pero o de verdade que é máis impresionante aínda que o que nós pintamos no cole. E tamén viron "As Meninas" e o "Cabaleiro coa man no peito" (por certo, familias, a contraseña para o luns ten algo que ver con este retrato tan fermoso).
E como seguimos coas contraseñas, a de hoxe quixo gravala Icía:
Para rematar esta entrada, déixovos as fotos da nosa Willy Fog de hoxe, a pementeira Sara Castaño.
Xeniais pementeiros. Non hai pintura q se vos resista! Bravo
ResponderEliminar