Nada máis empezar o primeiro trimestre xa temos unha celebración de cumpleanos. Nesa ocasión o pementeiro Rafiña cumpliu 4 anos. Foi un día especial para el, primeiro, loxicamente, porque lle tocaba soprar as candeas e compartir uns biscoitos cos seus amiguetes do cole, e despois porque empezamos unha nova ronda de encargados e el, como é o primeiro da lista, tiña que estrear o disfraz de Willy Fog que nos deixou a mamá de Marcos. ¡Mirade que simpático estaba!. Os nenos e nenas morrían de risa e teñen unhas ganas bravas de que chegue o seu momento de disfrazarse de Willy Fog tamén.
Tras facer o seu traballo como encargado, pasando lista moi ben e contando os nenos e nenas que viñeron ao cole e os que quedaron na casa, xa chegou o momento da súa celebración. Rafiña estaba moi contento e todos disfrutamos dos deliciosos biscoitos que fixo a súa mamá.
Que bien e Rafiña con o sombrero muy guapo 😍😊
ResponderEliminarA máscara de Willy Fog quixo quitala para pasar lista porque, claro, non vía ben e resultáballe un pouquiño incómoda. Pero foi divertido disfrazarse. Penso que disfrutou do cumple cos compañeiros e os biscoitos estaban moi bos!
EliminarParabéns Rafiña!!!🎉🎉🎉🎂 Agora entendo porque Enzo me esta a decir que el quere ir o cole que lle toca ser Willy Fog despois de Adan 😕, mami no pasa nada por ter varicela mami😕😕
ResponderEliminarXa me contaron hoxe na porta que Enzo ten varicela!!!!! E ten razón,hoxe foi Adan e tocáballe a el mañán ser Willy Fog!!! Pero non pasa nada, dille que se recupere prontiño que cando volva vai ser Willy Fog sen problema. Están moi graciosos co disfraz e se non queren poñelo, pois non pasa nada, pero se teñen esa ilusión hai que cumplirlla (que pouco nos costa).
EliminarFelicidades a Rafiña e que guapo co disfraz!
ResponderEliminar