Hoxe na Pementeira cantamos e bailamos a canción "O polo Pepe" e, despois, xogamos coa plastilina. Aínda que para algún neno ou nena a entrada é un pouquiño difícil, teño que dicir que dentro da aula non hai problema e pasámolo moi ben. O momento da separación dos papis pode resultar complicadillo pero é cousa dun par de minutos. Por iso me gusta poñer estas primeiras fotos para que as familias poidades ver cómo se atopan os nenos e nenas unha vez que cruzaron a porta.
Estamos intentando coñecer algunhas rutinas da aula :
- Colgar as chaquetas e as mochilas nos percheiros.
- Recoller xoguetes e materiais de "traballo" unha vez finalizadas as tarefas.
- Pedir permiso para coller un xoguete ou ir ao baño.
- Non falar berrando.
A medida que vaian estando máis tempo na aula poderei mostravos moitas máis cousas. Pero, polo menos, podedes comprobar que todo o grupo se mostra bastante participativo e comunicativo e iso xa é importante.
DA GUSTO VELOS CON ESAS CARAS DE "YA SOY MAYOR". POLAS FOTOS DA A SENSACIÓN DE QUE SON SANTOS! JA JA JA. ALEGRAME VELOS DISFRUTAR CO BAILE E COA PLASTI, COA QUE LLES DEU TEMPO A FACER UN MONTÓN DE COUSAS, POLO QUE ME CONTOU O OBRERO QUE TEÑO NA CASA, QUE HASTA FIXO UNHA CUEVA CON ANIMALES E TODO... JA JA JA
ResponderEliminarBICOS
Estamos coñecendo os materiais que hai pola aula e tratando de ir creando certas rutinas. A verdade é que parece que teñen ganas de facer cousas. Agora queda ver se imos ser capaces de organizarnos ben cando estén os 23 xuntos, jajajaja!
Eliminar