Hoxe foi un día fantástico na Pementeira. Ademáis de seguir traballando as rutinas de aula para conseguir automatizar certos hábitos que farán máis cómoda e levadeira a nosa vida na aula, tivemos tempo de cantar e bailar e de ... ¡PINTAR CON PINCEL!
E teño que dicirvos que foi un éxito. Os pequepementeiros traballaron requetebén e pintaron ao noso amiguete o polo PEPE de cor amarela con moita atención e coidado. ¡Deixáronme impresionada!
E mirade o resultado do traballo de hoxe. ¡IMPRESIONANTE!
Pero, ademáis de pintar con pincel tamén fixemos puzles, bailamos a canción "Cabeza, hombros, rodillas..." e saímos a xogar a fóra.
¡Foi un día estupendo!
Uns traballos xeniais! Encantoume velos pintar tranquilamente con tanto coidado. Pero xa antes, cando lles dixen o que íamos facer, mostraron tal entusiasmo que quedei abraiada. Espero que consigamos manter esas ganas de facer cousas moitos, moitos días... Grazas por visitar o blog e deixar o teu comentario.
ResponderEliminar